27/04/2026
OFERTA DE EMPREGO:
Responsable de Comunicación e Redes Sociais
(Zona do Salnés)
Entidade pública local busca incorporar unha persa responsable da comunicación institucional e da xestión de redes sociais, encargada de transmitir a actividade diaria da entidade de forma clara, próxima e atractiva para a cidadanía.
O posto require un perfil moi práctico e resolutivo, con capacidade para crear contido no momento e cubrir o día a día informativo.
Funcións principais
• Planificación e xestión de contidos en redes sociais
• Creación de contido audiovisual (especialmente vídeo curto tipo reel)
• Cobertura de eventos (fotografía e vídeo)
• Redacción de contidos informativos e notas de prensa
• Publicación de avisos e comunicación institucional
• Seguimento de métricas e mellora continua da estratexia
Requisitos imprescindibles
• Experiencia demostrable na xestión de redes sociais
• Capacidade para gravar, editar e publicar vídeo de forma autónoma
• Boa redacción e capacidade de síntese
• Dispoñibilidade para cubrir eventos (incluíndo fins de semana)
• Autonomía, organización e rapidez na execución
Valorarase formación en:
• Comunicación Audiovisual, Xornalismo, Publicidade ou Marketing
• Ciclos formativos relacionados co audiovisual ou marketing
Valoraranse especialmente Portfolio de traballos (redes xestionadas, vídeos, campañas, etc.)
Interesados/as: enviar cv a: [email protected]